Vilagarcía reclama igualdade e recorda as vítimas da violencia machista no 8 de Marzo

    VILAGARCÍA> Vilagarcía tamén leu o seu propio manifesto neste 8 de marzo. Na praza de Ravella, veciños, membros da corporación e representantes de asociacións déronse cita para conmemorar este Día Internacional da Muller. Con pequenas plantas, tamén recordaron ás vítimas que xa deixou neste 2017 a violencia machista. O Día Internacional da Muller tamén tivo o seu eco en Vilagarcía. Na praza de Ravella resoaron este mediodía algunhas das consignas a prol da igualdade. Sobre o chan da praza, vinte plantas con vinte nomes: os das vítimas que a violencia machista xa deixou no que levamos de 2017. Foron testemuñas do manifesto que leu Carme Moure, profesora de igualdade no Instituto Castro Alobre. Os asistentes ao acto tamén se uniron ao Paro Internacional das Mulleres, un movemento ao que se sumaron máis de 35 países, e que en Vilagarcía estivo impulsado polo colectivo XTodas , que apoia ás vítimas da violencia machista. Pola tarde, a inauguración da exposición “Mulleres Galegas na Historia” e a proxección da película “Visións”, co coloquio posterior coa súa directora, Andrea Zapata, completaron o programa vilagarcián para este 8 de marzo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/08/manifesto_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/08/manifesto_villa.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí