CATOIRA> O PP e o goberno de Catoira móstranse contrarios ao novo almacén de pirotecnia da vila e culpan ao BNG de aproveitar o problema para facer política. Os populares sinalan que levan apoiando aos veciños dende que comezaran as protestas. Pola súa parte o goberno local alega que non tiñan motivos para non aprobar a licenza do almacén e que se finalmente se destina á pirotecnia é pola autorización da subdelegación do goberno.
O novo almacén, que nun principio se destinará a pirotecnia en Catoira, non só puxo en pé de guerra á veciñanza, se non tamén aos partidos políticos da vila. Ao goberno local e ao partido popular non lles gustou que o líder do BNG os sinalase como culpables de autorizar o uso do almacén, e denuncia que Castaño está intentado facer política co asunto.
Os populares quixeron matizar que apoian á veciñanza e que tamén están en contra de que o almacén se destine a pirotecnia.
O concello sinalaron que a empresa só lles solicitou a construción dun almacén para labranza, algo que non podían denegarlle, e que o uso de almacenar materiais pirotécnicos foi solicitado á subdelegación do goberno.
Os populares tamén quixeron matizar que aínda que colaboran co goberno local, son dous partidos totalmente diferentes, e que a autorización do permiso é só función da alcaldía. Tamén defenderon a súa xestión colaborando co concello buscando desenvolver proxectos no municipio e solucionar os problemas da veciñanza.