A Mancomunidade promociona Salnés Click con spots orixinais e novidosos a través da internet

RIBADUMIA> A mancomunidade do Salnés presenta a campaña de promoción audiovisual da súa plataforma virtual Salnés Click. O alumnado do obradoiro de promoción turística e marketing realizou diferentes pezas audiovisuais para mostrar algunhas das ofertas de establecementos e experiencias que se poden visitar na comarca. Tamén lazou un spot en colaboración por esta canle para fomentar as compras no comercio local.

Tan só un mes despois do seu lanzamento, a plataforma virtual Salnés clik non deixa de crecer. O espazo online presenta as diferentes ofertas comerciais, gastronómicas ou de ocio que nos ofrece a comarca do Salnés. Dende a mancomunidade amosaron a campaña de promoción que están facer, encabezada polo alumnado do obradoiro de promoción turística e marketing.

Unha parte desa promoción consiste en amosar a través de pequenas pezas audiovisuais toda a oferta gastronómica, comercial ou de ocio dos establecementos do Salnés.

Os vídeos preséntase nun formato orixinal e novidoso seguindo as tendencias das redes sociais.

Dende a mancomunidade valoran de forma moi positivamente o primeiro mes de vida de Salnés Click. Cada vez máis empresas queren sumarse á plataforma xa sexa para mostrar os seus produtos o para vender de forma online.

Para os concellos é unha ferramenta que pode ser vital para axudar aos pequenos comercios.

A mancomunidade tamén presentou un novo spot, realizando por esta canle, para fomentar as compras no comercio local. A campaña complétase con diferentes materiais promocionais, entre eles, unha revista online.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí