AAVV do Bao denuncia a existencia dunha mafia da droga consentida polas autoridades municipais

    POIO > A asociación veciñal do Bao de Poio denunciaron está mañá publicamente a súa indignación pola situación do asentamento xitano na zona…

    …argumentando que non se executaron as ordes de derribo sobre tódalas vivendas imputadas. Denuncian tamén a falla de ineficacia das autoridades locais e autonómicas que sabéndose coñecedores da existencia de trapichos con droga dende fai tempo, botan a vista a outro lado.

    obao2200_280208.jpgCansos e preocupados. así se mostran os membros da asociación veciñal do Bao en Poio que a través da súa presidenta quixeron hoxe transmitir un comunicado co obxectivo de que se dea a coñecer as accións finais que se levaron a cabo despois do ordenamento xudicial que obrigaba a derrubar varias chabolas do poboado xitano e a realoxar a varias familias en nos municipios de Poio,Pontevedra e Puentecaldelas.

    Os veciños denuncian o incumprimento da sentencia A venta de droga no “Bao” é de sobra coñecida pero o que indigna as asociacións é a pasividade das autoridades locais e municipais ante o que denominan é unha mafia que precudica ó desenvolvemento social dos veciños ademais dun nefasto exemplo para a mocidade Segundo afirman , as sospeitas de que detrás do negocio da droga que se coce no Bao existen importantes intereses son fundadas, en verbas dos propios xitanos

    A Asociación veciñal do Bao pide ás instancias xudiciais que derrube tódalas chabolas do Bao xa que segundo demostran son todas de carácter ilegal. Acusan a varios xitanos de pedir indemnización por derrubar parte das chabolas nas que non viven. Acusan tamén ó goberno municipal de restaurar inmobles do Bao argumentando que non teñen como fin ser unha vivenda . Unha situación insostible na que segundo afirman reciben insultos e ameazas, non poden máis

    Redacción Salnés