Arquivan a denuncia por prevaricación contra o alcalde da Illa

    VILAGARCÍA > O xulgado de instrución número 1 de Vilagarcía decidiu arquivar unha denuncia contra o alcalde da Illa e o arquitecto municipal por prevaricación urbanística. O proceso iniciouse hai algo máis dun ano cando o edil independente Luís Navarro denunciou ó rexedor por outorgar unha licenza en Cabodeiro que logo foi anulada polo xulgado do contencioso administrativo. O pasado 19 de marzo o xulgado arousán ordenaba o sobresemento provisional e o arquivo da causa.

    manuelvazquez_300_090407.jpgOs tribunais veñen de arquivar unha denuncia contra o alcalde da Illa por prevaricación. Hai algo máis dun ano, o edil de Independentes pola Illa, Luís Navarro denunciaba ó rexedor e ó entonces arquitecto municipal por outorgar unha licenza a unha vivenda no Cabodeiro, que logo foi anulada polo xulgado do contencioso administrativo.

    O Xulgado de Instrucción número 1 de Vilagarcía recoñece que tanto o alcalde como o arquitecto puideron cometer unha infracción dunha norma administrativa, pero entende que non aparece debidamente xustificada a perpetración do delicto de prevaricación urbanística. Indica no auto remitido o 19 de marzo que neste caso non se observa que os imputados actuaran cunha palmaria e evidente intención de conculcar deliberadamente e a sabendas o ordenamento xurídico.

    Este auto manexa os mesmos argumentos que utiliza o fiscal no seu informe e conclúe ordenando o sobresemento provisional e o arquivo do caso. Pese a todo isto, non acaban as rifas urbanísticas na Illa. Nos tribunais aínda está sen resolver a denuncia formulada polo anterior arquitecto municipal contra o acordo plenario, respaldado pola oposición, que ordenaba o seu cese.

    Redacción Salnés