VILAGARCÍA> O Partido Popular de Vilagarcía ficha para a candidatura de Ana Granja ao exedil de Ciudadanos, David Oliveira. O bateeiro confesa que levaba xa tempo en conversas cos populares pero foi o apoio do PP do Salnés ao sector do mexillón no conflito da mexilla o que rematou por achegalo á candidatura de Granja. Ocupará o número 8. Recordemos que os populares contan na corporación actual con cinco edís.
Entrou na corporación de Vilagarcía tralas eleccións de 2019 como o único concelleiro de Ciudadanos. Deixou o partido en setembro de 2022 e continuou o seu labor como edil non adscrito. Hoxe o Partido Popular confirmou a fichaxe de David Oliveira.
Oliveira ocupará o número 8 na lista encabezada por Ana Granja. De gobernar o PP, asumiría unha nova concellería: a do rural. Actualmente os populares contan con cinco edís na corporación.
David Oliveira é bateeiro de profesión. Confesa que hai seis meses a súa intención era deixar a política pero que o apoio do Partido Popular do Salnés, encabezado polo vilanovés Gonzalo Durán, ao sector do mexillón rematou por animalo a sumarse á candidatura de Granja.
Xunto a Oliveira, únense ao Partido Popular Gerardo Torres e Olga Pantoja, que no 2019 ocuparan os postos 2 e 7 da candidatura de Ciudadanos en Vilagarcía.