Rodrigo Santiago: ‘Se goberno o campo non se fará no Terrón’

    rodrigosantiagocandidatopsoe100_100407.jpgVILANOVA > O PSOE presentou onte á candidatura que concorrerá ás eleccións de maio por Vilanova. O cartel electoral …

    … volverá a ser Rodrigo Santiago.

    rodrigosantiagocandidaturapsoe200_100407.jpgO aforo da Casa de Cultura de Vilanova estivo onte á noite completo e puido escoitar os compromisos do candidato socialista. Algúns controvertidos, como o do campo do Terrón. ‘Claro que quero o campo de fútbol pero se goberno non será no Terrón’, así de contundente se manifestou o socialista Rodrigo Santiago na presentación da súa candidatura. Santiago argumentou que a normativa urbanística vixente só permite o terreo de xogo, e que o PSOE quere protexer o ‘valor medio ambiental e forestal’ desta zona e potenciar o seu atractivo turístico. Comprometeuse iso si a facer un campo de fútbol e en menos tempo que leva o PP no goberno local.

    A seguridade vial en Corón – Caleiro tamén lle serviu ó candidato para lanzar outro compromiso, converter esta estrada comarcal en vía urbana co obxectivo de urbanizala ata San Miguel de Deiro e desafectar os terreos e vivendas, prexudicados polo proxecto actual. Outro tema candente que abordou Santiago foi o PXOM, un documento que segundo di ten o alcalde agochado ‘para que non se saiban as manobras feitas na tramitación’. Segundo Santiago, Gonzalo Durán díxolle ó director xeral de Urbanismo que eliminara todo aquelo que pediran os veciños.

    O candidato socialista contou na súa presentación co respaldo dos conselleiros de Pesca e Traballo, e do coordinador provincial do PSOE. Todos coincidiron en criticar a falta de colaboración do actual alcalde coas administracións autonómica e central, e pediron o apoio para Rodrigo Santiago.

    Redacción Salnés