Xornada festiva negra en Sanxenxo con varios accidentes de tráfico

    accidenteviarapida100_16.08.07.jpgSANXENXO > Ó longo dá xornada festiva foi necesaria a intervención en varias ocasións da policía local e do servizo de xestión de emerxencias.

    O primeiro accidente tivo lugar ás 02:10 h. na zona dos Cotos en Dorrón e interveu un Peugeot 106 conducido por unha veciña de Poio de 24 anos e no que ían outra veciña de Poio de 19 e dous irmáns veciños de Cambados de 24 e 20 anos. Todos foron trasladados polo 061. Ó lugar dos feitos acudiu tamén a policía local e o servizo de xestión de emerxencias de Sanxenxo co furgón de salvamentos varios e a bomba rural lixeira.

    Sobre as 8 da mañá na saída de Noalla á Vía do Salnés un Clio amarelo saíuse da estrada resultando ferida a súa única ocupante, M. R. O. C., veciña de Cambados que tamén foi trasladada polo 061. Ás 11:45 h. a policía local desprazouse á estrada da Lanzada onde se produciu unha colisión sen feridos.

    accidenteadina_300_160807.jpgXa pola tarde, ás 16:40 h., no peirao de Portonovo chocaron un Renault 19 con matrícula PO 4303 AX conducido por K. F. vecino de Vilaboa e un Citroën Jumpy gris con matrícula 6278 DDR de J. G. C., rematando a complicada xornada ás 20:00 h. cunha nova saída de vía na estrada de Adina, xusto na curva da igrexa. Un Rover R45 de cor negra e matrícula 2035 BDM conducido por A. G. O., veciño do Grove, que non resultou ferido. O Servizo de Xestión de Emerxencias procedeu á limpeza de vía con desengrasante debido ós restos líquidos do vehículo accidentado. Tamén se viu afectado un poste de luz municipal debido ó impacto.

    Can agresivo

    Ademais a policía local e o servizo de xestión de emerxencias colaboraron para atrapar a un can agresivo solto que estaba molestando ós viandantes na Rúa Madrid sobre as 21:30 h., conseguiendo reducilo na Avenida de León. Posteriormente acudiu o persoal da canceira que trasladou ó animal ás instalacións de Vigo.

    Redacción Salnés