![]()
VILAGARCÍA > A CIG de Vilagarcía anunciou hoxe a demanda que busca a impugnación por ilegalidade do convenio…
…colectivo para o sector das conservas. Segundo a secretaria de organización comarcal da CIG, Rosa Abuín, o actual convenio é discriminatorio e anticonstitucional. Na CIG de Vilagarcía o teñen moi claro. Creen que o convenio actual e anticonstitucional e discriminatorio.
O sindicato fixo pública a demanda que presentou na Audiencia Nacional contra Feicopesca, a patronal do sector, a UXT e CC.OO. Rosa Abuín, secretaria de organización comarcal da CIG, afirma que debería redactarse de novo este convenio ou revisar algúns puntos negros do escrito. Ademais recalca que este documento empeora as condicións do estatuto do traballador para as empregadas eventuais e apunta á discriminación machista como un dos motivos desta denuncia.
Segundo a CIG a discriminación sexual tamén está presente neste documento. Apunta que á hora da concesión das licencias as parellas homosexuais teñen as de perder. Dende o sindicato afirmaron que en caso de acadar a nova redacción deste convenio e a equiparación dos salarios, retomarían a sinatura do documento.
Redacción Salnés










