Valentín Formoso propón ás depuradoras de Cambados que soliciten un informe ao ministerio de transición ecolóxica para garantir a súa continuidade en Tragove

CAMBADOS> O PSdeG insta ás depuradoras de Cambados a solicitar un informe ao ministerio de transición ecolóxica para que se garanta a súa continuidade. Valentín González Formoso reuniuse con representantes do sector mostrando o seu apoio e seguro de que o regulamento de Costas, finalmente, non afectará aos traballadores do mar.

Tralo medo xurdido co novo regulamento de Costas, as normas, finalmente, parece que non afectarán ás depuradoras galegas e que poderán continuar con normalidade realizando a súa actividade. Pero dende o sector continúan con pánico mentres esta garantía non se faga oficial. Para conseguir esta seguridade, o PSdeG reuniuse en Cambados con representantes do sector buscando unha solución e mostrando o seu apoio.

Nas reunións mantidas entre o PSdeG, o concello de Cambados e a directora xeral de Costa e Mar. A representante do ministerio garantiu que estas normas non afectarán as depuradoras cambadesas. Aínda así, na reunión mantida co sector, Formoso instou ás empresas a solicitar un informe no que se garanta esta continuidade.

O concello de Cambados tamén segue a mesma liña que o PSdeG apoiando ao sector e traballando co resto de administracións para atopar unha solución. O alcalde, Samuel Lago, solicitará a Portos que realice dúas modificacións no plan especial.

Dende o PSdeG matizan que son moitas as familias que dependen de estas normativa e que todas as administracións, Portos e Costas deben implicarse para chegar a acordos que garantan a seguridade do sector.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí