CIG mobiliza a centos de persoas ‘en contra das medidas antisociais’

    cig_copia100.jpgVILAGARCÍA> Máis de cen funcionarios e membros do sindicato CIG, concentráronse fronte ás portas da Axencia Tributaria. Esixen unha profunda reforma fiscal e un control dos mercados financeiros.

    {flowplayer}images/salnes/CIG_FOLGA_FUNCIONARIOS.flv{/flowplayer}

    A CIG escolleu as portas da Axencia Tributaria como cabeza de turco para protestar polas medidas que se están a tomar dende o goberno de José Luís Rodríguez Zapatero e o Fondo Monetario Internacional. Afirman que o executivo toma as decisións que lle impón o sistema neoliberal, baseado no capital especulativo, e non escoitando os problemas da cidadanía.

    Os funcionarios denuncian que se ven atacados, xa que se chegou a difundir unha imaxe deles como privilexiados cando, en realidade, tamén sofren as consecuencias da precariedade laboral.

    Dende o sindicato teñen moi claro cales serían as medidas a adoptar para conseguir saír da crise. Entre elas, destacan unha profunda reforma fiscal, a eliminación de deputacións, ministerios e un control sobre os mercados financeiros para evitar a especulación.

    A CIG ten preparada unha mobilización para o día 17 contra a reforma laboral. Solicita á Comisións Obreiras e UXT que poña en marcha unha folga xeral que tanto reclaman os traballadores.

    O sindicato mostrouse moi satisfeito coa acollida da manifestación que foi capaz de mobilizar a máis de 100 persoas.

    Redacción Salnés