O Segunda Volta ensinou na praza de Vilagarcía a elaborar un sushi galego

VILAGARCIA> Sushi galego e con produtos locais. Esta foi a especialidade que se elaborou hoxe no segunda volta de Vilagarcía. O obradoiro que se celebra cada xoves de forma alterna ensinou a elaborar este prato a preto de 20 persoas.

Cada xoves de forma alterna, na praza de Vilagarcía ten lugar o obradoiro segunda volta. Unha clase de cociña alternativa e de quilómetro cero que ensina á veciñanza a cociñar diferentes pratos. A elaboración de hoxe foi un sushi á galega.

Ademais do sushi, tamén amosou a elaboración dunha ensalada de legumes propicia para o verán. Todos os produtos son mercados na praza para facilitar as receitas aos asistentes.

Os asistentes gozaron co obradoiro e saíron moi contentos co aprendido.

O segunda volta está aberto a todos os públicos sen limitación de prazas. Calquera persoa que queira aprender receitas novidosas con produtos tradicionais pode achegarse acada xoves de forma alterna ao mercado de abastos de Vilagarcía. O vindeiro obradoiro será o xoves 28 e segundo adianta Xaqui é posible que elabore receitas con escabeches.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí