![]()
SANXENXO > Sanxenxo aposta de novo polo arte e polos novos valores. Este ano, oito estudiantes de Belas Artes participan na…
…quinta edición da convivencia artística Terra de Sanxenxo que organiza o concello de Sanxenxo. As pasadas catro edicións foron bautizadas cos nomes de ‘Vermello’, ‘Amarelo’, ‘Verde’ e ‘Azul’…este ano tocoulle a vez a cor ‘Laranxa’.
Son mozos e artistas. Este ano, Sanxenxo será o centro da súa mirada. Veñen dende Granada, Zaragoza, Asturias, Madrid e Barcelona. Esta ano vótase de menos a representación galega. Para acceder a este experiencia tiveron que pasar unha criba tanto académica como creativa. Cada un deles deberá facer realidade o seu proxecto e para iso terán de tempo ata o vindeiro día 27. Durante estas xornadas coñeceran Sanxenxo, visitaran distinto museos de Galicia e sobre todo traballaran. Unha iniciativa que arrancou fai xa un lustro.
A Facultade Belas Artes de Granada, da Complutense ou a de Salamanca son algúns dos centros nos que estudan esta nova xeración de artistas. Todos eles atópanse agora en Galicia preparados para aprender e vivir unha experiencia única.
Cada un coas súas razóns e as súas expectativas.
Este ano a pintura foi o arte elixida por todos os participantes aínda que outras formas de expresión como a escultura ou o collage tamén son válidas nestas convivencias. En definitiva, un proxecto orixinal no que se bota de menos a participación tanto galega coma portuguesa.
Redacción Salnés







