Máis de 200 corredores na XV Carreira Nocturna de Vilagarcía

VILAGARCÍA> Esta fin de semana chega a capital de Arousa a XV Carreira Nocturna de Vilagarcía. O edil de deportes, Miro Serén, explicou este venres, en rolda de prensa, cal será o funcionamento da mesma, ademais de pedir desculpas a quen poidan perxudicar os cortes de tráfico que sufrirán diferentes rúas da vila por mor da proba.
O edil de deportes do concello de Vilagarcía, presentou esta mañá en rolda de prensa, os detalles referentes a XV Carreira Nocturna que se celebrará na capital de Arousa esta fin de semana, e na que xa hai inscritos máis de 200 deportistas, que se agruparán en diferentes categorías.
Esta proba estará dentro do calendario da Federación Galega de Atletismo e dentro do convenio existente entre a federación e a Fundación de Deportes. Juan Miguel Doval, director da fundación explicou o percorrido da categoría absoluta.
A celebración da proba contará de dúas partes, unha dedicada aos máis novos, e outra que será a relativa a proba absoluta, que se disputará as 22:30, cun percorrido de 10.000 metros.