Barbanza Arousa presenta a súa rede homolagada de sendeiros

BOIRO> Barbanza Arousa xa conta co seu propio circuíto comarcal de sendeiros.

Esta mañá presentaba as catro rutas que vén de oficializar, unha por cada concello que integra a mancomunidade.

A través delas a entidade  busca reforzar a oferta dispoñible para a realización de actividades en contacto coa natureza, tan demandadas na actualidade.

Os catro sendeiros incluídos no circuíto comarcal son o Roteiro do Castelo de Vitres en Boiro, o Roteiro do Río Té en Rianxo, a Subida á Curota polo Río Pedras na Pobra do Caramiñal e a Senda Fluvial do Río Artes en Ribeira.

A súa lonxitude varía entre os seis e os oito quilómetros.

Todas elas están perfectamente sinalizadas e contan coa homologación da Federación Galega de Montañismo.

O seu perfil é medio-baixo polo que son aptas para tódolos públicos.

Dende Barbanza Arousa destacaron a importancia deste tipo de iniciativas que o que buscan non é máis que poñer en valor este territorio como un destino para o turismo familiar.

A información das rutas xa está dispoñible na web da propia Mancomunidade barbanzarousa.gal e próximamente nas oficinas de turismo.