A voceira do BNG pon a Rianxo coma exemplo de goberno a favor das persoas

RIANXO> A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, achegouse esta mañá o concello de Rianxo. Xunto ao actual alcalde e candidato á reelección por esta formación política, Adolfo Muiños, realizou unha visita ás antigas vivendas dos mestres, que o Concello está a rehabilitar, para poñelas a disposición daquelas familias con menos recursos do municipio.

Acompañada do alcaldable, Adolfo Muíños, e outros membros da candidatura, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, coñeceu de primeira man o proxecto de vivendas de alugueiro social que está a poñer en marcha o executivo rianxeiro. Segundo ela, proxectos coma este, son un exemplo de goberno a favor das persoas que identifica ó BNG.

Pola súa banda o candidato nacionalista aludiu tamén a importancia deste proxecto que perseguía a rehabilitación desta antigas casas dos mestres que levaban uns 50 anos abandonadas para darlle unha nova vida e facilitarlle unha vivenda digna en alugueiro social a familias do municipio con poucos recursos.

As catro primeiras vivendas, que estarán listas nun par de meses, completaranse cun segundo bloque, neste mesmo espazo, con outras catro máis. pero non será o último proxecto en materia social. De revalidar a alcaldía, Adolfo Muíños comprométese a construir nunha parcela municipal vivenda protexida a prezos asequibles.