Vilagarcía opta a máis dun millón de euros dos fondos FEDER

VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía presenta o seu proxecto de ciclovías a o programa FEDER. A axuda europea ascendería a máis dun millón de euros. Dende Ravella tamén presentarán os proxectos da Praza de Galicia, da Escola Infantil de Vilaxoán e do parque do Montiño aos premios Juana de la Vega.

O concello de Vilagarcía continúa fomentado o uso da bicicleta en lugar dos coches e construirá unha rede de ciclovías. O proxecto está valorado en máis dun millón novecentos mil euros dos cales 488 mil foron aportados polos fondos FEDER dentro do plan “Vilagarcía Avanza”. Na nova convocatoria o proxecto presenta un custo dun millón catrocentos mil euros, ascendendo a máis dun millón de euros a axuda solicitada ao Ministerio de Transición Ecolóxica que é quen xestiona este programa. A aportación do concello sería de 300 mil euros.

Dende Ravella tamén presentarán os proxectos da Praza de Galicia, da Escola Infantil de Vilaxoán e do parque do Montiño aos premios Juana de la Vega convocados pola Escola Galega de Paisaxe. As tres obras optan á categoría de melloras de espazos exteriores.

A socialista considera que os proxectos son importantes e cumpren perfectamente as expectativas da escola. O faio do xurado coñecerase a finais de ano.