Todo listo para inaugura-la Casa Forestal e o Mirador da Canteira de Noalla

    robertogarridoptecomunidademontesnoalla_100_180407.jpgSANXENXO > A Comunidade de Montes de Noalla inaugurará o venres as súas últimas grandes obras que superaron os 800.000 euros.

    Unha das grandes actuacións é a construcción do Mirador da Canteira. Chámase así posto que era unha antiga canteira que levaba moitos anos completamente abandoada. A actual directiva da Comunidade de Montes de Noalla decidiu recuperala no seu anterior mandato e, tras resultar reelexidos, poderán inaugurala este venres xunto coa outra gran obra, a Casa Forestal.

    miradoracanteiranoalla_200_180407.jpgO Mirador da Canteira, ademais dunhas vistas espectaculares, contará en breve cunha cascada nesta zona que hoxe remataban de acondicionar para ter lista o venres durante a súa inauguración. Tamén se alfaltará a pista de acceso. Está listo xa o parque infantil e as mesas do merendeiro e nestes días instalaranse as barbacoas para que tódolos que se acheguen ata a zona poidan pasar un día de campo con tódalas comodidades.

    Casa Forestal

    Pero ademais do mirador, a Comunidade de Montes de Noalla levantou a Casa Forestal, unha magnífica construcción á que non lle falta de nada.

    casaforestalnoalla_200_180407__still_003.jpgTen un inmenso salón de festas cun equipo de música pagado pola comisión de festas do Carme, unha das asociacións que usará precisamente este edificio. Tamén estarán aquí as asociacións de veciños e do cemiterio, a agrupación Airiños da Lanzada e a asociación de xubilados, que xa conseguiu dotar de mobles e equipos o seu local, situado xusto ó lado da cafetería.

    Tampouco faltará un ximnasio e sala de ordenadores. Xa teñen as conexións pero faltan os equipos, así como o mobiliario do resto de oficinas, para o que esperan contar coa Xunta de Galicia, a única administración que aínda non aportou nada a este gran proxecto que soñaron hai 4 anos uns veciños e que hoxe é unha realidade.

    Redacción Salnés