Gonzalo Constenla reuniuse en Portas por partida dobre

    constenlaobrasave100_190407.jpgPORTAS > O delegado provincial de Medio Rural en Pontevedra, Gonzalo Constenla, reuniuse cos afectados

    …polo trazado do AVE en Lantañón, Portas. Máis tarde, e acompañado por Xabier Loureiro, candidato do BNG a alcaldía de Portas, mantivo un encontro cos representantes das comunidades de montes do concello.

    Gonzalo Constenla delegado provincial de Medio Rural en Pontevedra escoitou onte as demandas dos afectados de Lantañón en Portas polo trazado do tren de alta velocidade. Durante esta visita ás obras, Gonzalo Cónstela puido comprobar de primeira man o impacto deste trazado e recalcou a vontade de axudar e cooperar cos veciños a tódolos niveles e cualificou o proxecto dos veciños como interesante.

    Máis tarde, Constenla e o candidato do BNG a alcaldía de Portas, Xabier Loureiro, reuníronse con representantes das comunidades de montes de Portas. O obxectivo, tal e como expuxo o aspirante a alcalde é crear unha mancomunidade para, deste xeito, poder optar as axudas que establece as nova lei de prevención e defensa contra incendios forestais. Segundo, Loureiro, as negociacións van por bo camiño e as reunións continuarán nos vindeiros días. Constenla adiantoulles ás liñas xerais desta nova lei que pretende paliar a lacra que sofre Galicia co lume.

    Redacción Salnés