A Deputación achega 600.000 euros para continuar con Roteiros da Auga

    louzan_convenio100.jpgMEIS> A Deputación renovou o convenio coa Mancomunidade do Salnés para continuar un ano máis o proxecto Roteiros da Auga.

    {flowplayer}images/salnes/roteiros_auga.flv{/flowplayer}

    MEIS> A Deputación de Pontevedra renovou o convenio coa Mancomunidade do Salnés para continuar un ano máis o proxecto Roteiros da Auga.

    O acordo foi asinado esta mañá na Aldea de Pedra, en San Martiño de Meis, un dos enclaves recuperados dentro desta iniciativa. O proxecto ten un presuposto de 600 mil euros que asume integramente a Deputación, e permite a contratación de 29 persoas.

    Este é o segundo ano que a Deputación asume este proxecto, que permitirá recuperar o patrimonio etnográfico e natural nos concellos de Meis, Meaño e Ribadumia. Algúns dos traballadores xa levan desde 2003 vinculados a este proxecto, entonces denominado A Segorella.

    Louzán tamén aproveitou hoxe para anunciar melloras noutro dos enclaves máis visitados no interior do Salnés, o mosteiro de Armenteira. Segundo indicou, a Deputación aprobará un plan de 2 millóns de euros que durará ata 2011.

    Redacción Salnés