Unha taberna de Vilanova foi obxecto dun roubo a pasada madrugada

    VILANOVA > O vandalismo foi o protagonista da pasada noite en Vilanova e máis concretamente a taberna de Valle. Este local do concello foi obxecto dun roubo a pasada madrugada. 160 euros e unha caixa rexistradora destrozada foi o saldo deste acto de vandalismo que finalmente quedou nun susto.

    vilanovaroubo_300_240407.jpgO presunto ladrón irrumpiu sobre a unha da madrugada na Taberna de Valle e levouse a caixa rexistradora. A continuación, percorreu o curto traxecto que separa o local do museo de Valle Inclán e unha vez alí, rompeu a caixa e levouse uns 160 euros.

    Este é o estado en que quedou a caixa rexistrada despois da actuación do presunto ladrón que utilizou dous coitelos de cociña para forzar a máquina. Algunhas fontes apuntan a que o presuento ladrón podería ser un rapaz, veciño e Vilanova e incluso sospeitan que podería tratarse dun cliente deste establecemento.

    Redacción Salnés