RIBADUMIA> O PP de Ribadumia volve denunciar irregulariedades nos recibos da auga. Segundo a formación, estase a repetir o problema que se rexistrou cos consumos do 2015 e do 2016, e moitos veciños están a recibir facturas desproporcionadas, que nalgúns casos acadan os 3.000 euros.
Ribadumia volve rexistrar irregulariedades nos recibos do consumo da auga. O Partido Popular denunciou esta mañá que os veciños están a recibir facturas desproporcionadas correspondentes ao período do 2017.
O desaxuste remóntase ao ano 2015. Dese período e por un erro, o concello emitira recibos de consumo cero. Esta situación corrixiuna no 2016, enviando facturas moi elevadas que incluían os consumos dos dous anos pendentes. Tempo despois, o concello decidiu devolver eses recibos.
Nese momento, o desaxuste afectara ao redor de 600 veciños das parroquias de Barrantes e Sisán. Tras recibir as primeiras queixas, os populares piden aos ribadumienses que revisen os consumos.
A formación anima aos que atopen irregularidades nos seus cobros a que recurran ao concello para presentar reclamacións ante estes desaxustes.