Begoña Mesejo, nova directora do Porto de Vilagarcía

    begona copia100.jpgVILAGARCÍA> A nova directora foi nomeada esta tarde por unanimidade polo Consello de Administración do porto.

    {flowplayer}images/salnes/CONSELLO_ADMINISTRACION_PORTO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    A vilagarciá Begoña Mesejo, xefa da división económica da Autoridade Portuaria dende 2006, ocupará o posto á cabeza do porto que quedara vacante trala marcha de Juan Diego Pérez para dirixir o Porto de A Coruña. A proposta do seu nomeamento foi aprobada polo consello por unanimidade.

    O Consello de Administración tamén aprobou o proxecto para as obras de mellora da explanada do Ferrazo, o peirao que acollerá a nova terminal de contedores. A intervención consistirá en varias melloras para permitir a circulación das grúas de patio e na realización dunhas guías na explanada para o transporte das grúas portantes.

    Sobre o novo servizo, o presidente da Autoridade Portuaria asegurou que o director xeral de Boluda Terminales incorporarase ó porto vilagarcián o vindeiro 10 de xaneiro. Segundo Javier Puertas, estes días chegarán contedores baleiros vía terrestre para comprobar as cuestións loxísticas do servizo.

    A obra de ampliación do peirao comercial Oeste, xa operativo, e a finalización do posto de inspección fronteiriza, son outras das actuacións aprobadas por unanimidade no Consello de Administración de hoxe.

    Redacción Salnés