Pachi Vázquez ataca á Xunta pola escasa axuda á Festa do Marisco

    marisco copy100.jpgO GROVE> A pesares do mal tempo, a organización recibe con ánimo positivo a recta final da festa, e esperan que sexa un éxito.

    {flowplayer}images/salnes/PACHI_VAZQUEZ_NO_GROVE.flv{/flowplayer}

    O vento e a chuvia que afectan á provincia están a ter importantes efectos sobre a festa do marisco. Dende o seu comezo o venres pasado, os datos das vendas non son positivos para a organización, cunha diminución que en ocasións acada o 50% con respecto ó ano pasado. Esta mañá, as carpas de degustación recibiron a visita do secretario xeral do PSdeG. Pachi Vázquez e o alcalde grovense, José Antonio Cacabelos, atacaron á Xunta pola falta de axudas á festa.

    Unha falta de subvencións que segundo os dous socialistas non só afecta á festa do marisco. O desdobramento da autovía ou o náutico do Grove, son obras que, polo de momento, non contan co apoio do goberno autonómico.

    Cincocentos cincuenta mil euros é o orzamento que o concello destinou á organización da festa. Unha inversión que, a pesares do tempo, confían recuperar en gran parte durante esta fin de semana, considerada como o momento álxido da festa.

    Hoxe tamén se celebrou a inauguración do Grovestock, unha feira de oportunidades dos comercios grovenses que permanecerá aberta os últimos catro días da festa. A trixésimo segunda edición da festa do Mexillón Amegrove, a regata de dornas e a noite meiga, que incluirá varias actuacións de música folk e a realización dunha gran queimada, forman o programa para a xornada de mañá.

    Redacción Salnés