Veciños de Valga amosan a súa indignación cortando o tráfico ferroviario no lugar do accidente

    VALGA > Indignación e tristeza. Eses son os dou sentimentos que amosaron os veciños de Valga 24 horas despois do accidente que segou á vida de tres persoas, dous delas da mesma familia. Mentres a corporación vai esperar ata o sábado para manifestarse, algúns dos habitantes da vila concentráronse nas inmediacións do fatídico paso a nivel. Durante a mañá vivíronse algúns momentos de tensión entre os veciños e os operarios de ADIF que non foron a máis. Sobre todo destaca a convicción das testemuñas que aseguran que as barreiras estaban levantadas.

    valgavecinos_200_260407.jpgO que ven na fotografía foi un dos momentos de máis tensión da concentración. Algúns veciños perderon os nervios e tomaron a vía en sinal de protesta polo acontecido nas vías. Foron os familiares dos falecidos os que tiveron que pedir calma e interceder para pedirlles que deixasen a vía libre para que pasase o tren. Foi unha mañá axitada para os veciños do concello.

    Queren respostas e solucións. As testemuñas aseguran que as barreiras, en contra dalgunhas versións, estaban levantadas no intre do accidente. Contan que o mal puido ser maior xa que o transporte escolar cruza este paso a nivel varias veces ó día. Para Luís Sanmarco ó accidente para el foi un milagre. O seu vehículo non arrancou e o coche que sufriu a impacto mortal adiantouno no mesmo intre que pasou o tren. 14 pasos a nivel cruzan o concello de Valga e doce de eles sen barreiras.

    Os veciños esixen mais medios para evitar mais episodios coma estes. Catro pasos, dous con barreiras e outros dous sen elas, cruzan a parroquia de Campaña.

    Condolencias das autoridades

    valgaministra_200_260407.jpgAs reaccións dende Madrid e Santiago non se fixeron esperar. O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, visitou os fogares das familias dos falecidos para expresar as súas condolencias. A ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, tamén estivo en Valga, na parroquia de Setecoros, e asegurou que dende o Ministerio farase todo o posible para esclarecer e paliar esta situación.

    Touriño non fixo declaracións pero mais tarde o presidente asegurou en nota de prensa que non se pode nin se debe esperar á culminación da construción do tren de alta velocidade para acabar cos problemas cos pasos a nivel. Tamén pediu o compromiso de Fomento para loitar contra esta situación. A ministra de Fomento suliñou que nestes intres a investigación xa esta aberta e que non se coñecen de momento as causas do suceso.

    valgatourino_200_260407.jpgMagdalena Álvarez lamentou ás declaracións de ADIF nas que se asegura que non houbo ningún fallo no sistema. Pouco despois no Concello, a ministra asegurou que queren colaborar plenamente no esclarecemento dos feitos e amosouse a favor de colaborar có goberno local. A realidade é que de momento o convenio entre Concello e ministerio non está firmado e os avances ata o día de hoxe nesta materia levan parados dende o pasado outubro.

    Redacción Salnés