Gonzalo Durán propón unha lista baseada na realidade do concello

    duranlista_270407__100.jpgVILANOVA > Gonzalo Duran, candidato do PP á alcaldía de Vilanova, presentou hoxe a súa lista ós medios…

    …de comunicación. O actual rexedor vilanovés aposta por unha campaña sinxela, xa que asegurou que o seu principal obxectivo durante esta época de eleccións e seguir traballando polos veciños do concello. Segundo Durán a principal característica desta proposta é que trátase dun reflexo da poboación de Vilanova. Gonzalo Durán ten as cosas claras. .Trátase dunha candidatura que presenta un 48% de mulleres de tódalas parroquias de Vilanova.

    O actual rexedor asegura que, en contra da norma xeral, está alternativa non aposta por unha renovación total. Durán asegura que unha boa lista ten que reflexar a realidade da poboación á que representa e amosase contrario á moda dos partidos de presentar cada vez candidatos máis mozos. Asegura que a sociedade galega e unha sociedade cunha media de idade avanzada e que iso tense que ver na idade dos candidatos.

    Administradores, mestres, labradoras, marisqueiras…segundo o candidato todo a rede social de Vilanova esta representado nesta lista, un equipo que, segundo o rexedor, esta preparado para seguir traballando polos vilanoveses. A novidade mais destacable a encontramos no posto número catro. Evangelina Lago Valle,patrona maior de Vilanova, ocupa un dos postos de cabeza da lista de Durán.

    Redacción Salnés