Profesores e alumnos de sete países europeos visitan Vilagarcía

    RECEPCION_ESTUDANTEScopy.jpgVILAGARCÍA> Este encontro enmárcase dentro do programa europeo Comenius que ten por obxectivo relacionar varias cidades vinculadas ó mar.

    {flowplayer}images/salnes/RECEPCION_ESTUDANTES_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Profesores e alumnos procedentes de Alemania, Romanía, Reino Unido, Finlandia, Italia e República Checa visitaron esta mañá o concello de Vilagarcía dentro do programa europeo Comenius. Un intercambio cultural para o que o centro escolar Mondariz Balneario foi o colexio español elixido para participar.

    En Vilagarcía tiveron a oportunidade de coñecelo Porto, a Isla de Cortegada e fixeron unha visita en galeón a unha batea. Pero as excursións non rematan aquí xa que o obxectivo do proxecto titulado ‘Unidos pola auga’ é coñecer a cultura, a economía e a paisaxe de cidades na súa relación co mar. Por iso, ó longo desta semana visitarán varias vilas das rías baixas.

    Na recepción que realizaron esta mañá no concello, a alcaldesa de Vilagarcía mostrou o seo orgullo ó poder formar parte deste intercambio cultural.

    O programa, que ten unha duración de dous anos, completarase con varios intercambios entre o centro galego e diferentes países europeos.

    Redacción Salnés