![]()
SALNÉS > A candidata do PP ó Congreso, Ana Pastor, prometeu nun mitin en Cambados unha senda verde que apuntalará o turismo da comarca.
{flowplayer}images/salnes/mitinPP_280208.flv{/flowplayer}
SALNÉS > A caravana do PP fixo onte pola noite unha primeira parada en Cambados, nunha Sociedade Cultural repleta. Os candidatos Ana Pastor e José Manuel Cores Tourís puxeron a voz ós proxectos e compromisos electorais do seu partido.
Os populares consideran que Zapatero non cumpriu con Cambados nin co Salnés. Criticaron a OCM do viño, e lembraron proxectos non executados como os do Interreg, o paseo de San Tomé ó Facho ou a senda verde polo litoral da comarca. Asuntos que prometeron activar en caso de recuperar o goberno do Estado.
A seguinte parada dos populares foi o Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo. Ana Pastor volveu a enumerar diversas actuacións que se atopan paradas tralos cambios de goberno na Xunta e en Madrid. Fixo referencia ó aparcamento da praia Panadeira, ó porto de Portonovo e ós equipamentos do Revel. Os populares recalcaron o apoio que terá o Salnés con Mariano Rajoy no goberno.
Redacción Salnés







