A sombra do ERE abandona Clesa

    LOGO_CLESA.jpg CALDAS> O comité de empresa informa de que o grupo Nueva Rumasa lles comunicou que non realizará reaxustes de emprego en Galicia.

    A planta de Clesa de Caldas quedará fóra do Expediente de Regulación de Emprego temporal que planeaba sobre varias empresas do grupo Nueva Rumasa. A sociedade vén de comunicar ós traballadores que non realizará reaxustes de emprego nas filiais que posúe en Galicia.

    É máis, segundo informa o comité de empresa de Clesa, o grupo pretende reforzar a actividade da planta de Caldas, desviando a estas instalacións parte da produción que realizan nas fábricas de Sevilla e Madrid. Os traballadores de Clesa respiran así tranquilos logo de que a semana pasada comezaran a buscar apoios entre a Xunta e o concello de Caldas para evitar a perda de postos de traballo.

    Redacción Salnés