Tourís fai balance das infraestructuras que está acometer o Concello

    touris_270407__100.jpgCAMBADOS > Infraestructuras. O alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, falou hoxe das obras que está desenvolver…

    …o goberno local. Os espacios para a cultura e o lecer dos cambadeses son as características principais de lugares como o Pazo do Torrado , a fábrica de Peña ou a casa dos Fraga. José Manuel Cores Tourís expuxo hoxe en rolda de prensa o estado dos diferentes proxectos que están a levar a cabo dende o Concello. O pazo do Torrado albergará a sede do Consello Regulador mentres que a súa finca será un espacio aberto para o uso dos veciños da vila. Ademais, o actual alcalde, revelou que se inaugurará nos vindeiros meses.

    Outras das obras que ,segundo o alcalde, terá un marcado perfil cultural é a fabrica de Peña que será nun salón de exposicións e congresos centrado no turismo e no comercio. A casa dos Fraga e outra das apostas deste Concello. Mentres Tourís aposta por outro edificio cultural que podería albergar unha biblioteca e o arquivo histórico municipal entre outras propostas, a oposición, BNG e PSOE, reclaman un centro de día. O alcalde asegura que ten outro emprazamento máis idóneo para esa iniciativa.

    Outro dos temas quentes é o da gardería municipal. O candidato do PP asegurou que a posta en marcha deste servicio e unha realidade. Tourís negou os rumores que aseguran que o Auditorio da Xuventude podería voltar a ser patrimonio da igrexa e afirmou que é e será patrimonio municipal.

    Redacción Salnés.