Louzán recibe o galardón de AEMPE na primeira edición destes premios

    louzanpremio_020507__.jpgPONTEVEDRA > A asociación de empresarios da mediana e pequena empresa de Pontevedra (AEMPE) quixo premiar

    … na primeira edición destes galardóns ó presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, pola súa labor de cara o sector empresarial. Entre as xestións levadas a cabo por Louzán a AEMPE destacou o polígono industrial de Barro Meis. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, converteuse hoxe na primeira persoa en recibilo premio instaurado dende este ano pola AEMPE. O galardón é unha reproducción en bronce dunha das catro fontes características da cidade deseñadas por Alejandro Sesmeros. O presidente da AEMPE, José María Rodríguez, resaltou o caracter apolítico deste premio e afirmou que se trata dun galardón sen cor política. Rafael Louzán compartiu o premio cós alcaldes de Barro e Meis polo seu importante papel á hora de acadar o solo industrial, tan importante para a provincia de Pontevedra. O presidente da Deputación recordou o punto no que se encontra a día de hoxe este parque industrial. 1.700 metros cadrados que cambiarán o mapa industrial da nosa provincia e que están situadas entre as comarcas de Pontevedra, Caldas e o Salnés. Trátase de que cada vez máis empresas se instalen na nosa provincia. Algo ó que Louzán denominou… a sexta marcha. Outros proxectos similares se están a desenvolver en Covelo, Campo Lameiro ou A Estrada.

     Redacción Salnés