Comezan as obras de remodelación da zona das Sinas

    louzangonzaloduran_100_030507.jpgVILANOVA > O alcalde e o presidente da Deputación de Pontevedra supervisaron o inicio das obras que permitirán sanear a zona.

    O Concello xa ten unha imaxe co aspecto que presentará a zona das Sinas cando se remate o proxecto que ven de poñerse en marcha. Onte o presidente da Deputación de Pontevedra e o alcalde de Vilanova supervisaron o inicio dos traballos que subvencionan ambas institucións e que custarán preto de 600.000 euros.

    infografiasinas_200_030507.jpgAs obras contemplan varias actuacións, anque algunhas aínda deberán espera-lo permiso de Costas. En principio faranse as beirarrúas e melloras no alumeado e no saneamento. Tamén se construirán dous aparcadoiros, un para a xente que vai á praia nesta zona das Sinas e outro para autobuses, e se fará un campo de fútbol 7 e una pista deportiva multiusos onde esta o actual campo de fútbol das Sinas, que se manterá ata poñer en marcha o do Terrón. As obras xa están adxudicadas e as máquinas comezaron a traballar, polo que o presidente da Deputación, Rafael Louzán, aseguraba que se trata dunha realidade e non dun proxecto sobre un papel.

    obrassinas_200_030507__still_003.jpgPero ademais destas obras, a entidade provincial en colaboración co Concello de Vilanova van levar a cabo a construción de 4 áreas infantís para nenos e 1 área de práctica deportiva para rapaces, nas que poderán disfrutar de variedade de xogos e deportes, con todas as medidas de seguridade. Esta actuación suporá un investimento de 114.588 euros dos cales o Concello aporta o 10% e o 90% restante a entidade provincial.

    Redacción Salnés