RIANXO> O patrón maior de Rianxo denuncia a discriminación no pago das axudas ás mariscadores a pé. A orde de subvención establece para o cálculo unha media dos días traballados nos anos anteriores co que apenas percibirán uns 700 euros ó mes.
Aínda que tan só son catro as mariscadoras afectadas, dende a confraría de Rianxo quixeron denunciar publicamente a discriminación que supón a orde de axudas dos fondos FEMPA publicada pola Xunta para o colectivo a pé con respecto ós seus compañeiros de a flote.
Na orde que ven de publicarse hai apenas quince día establécese o cómputo das anualidades de 2021, 2022 e 2023 para calcular a media de traballo, o que non supón sequera o cobro do mes enteiro como si se estableceu para os de a flote.
Entenden dende a confraría que a Xunta debería ter informado antes dos criterios para o cálculo das axudas posto que lles sería máis rendible acollerse ó cese de actividade para acceder á prestación do ISM.