Rouban 9.000 euros en cobre no Vial de Acceso ó Porto de Vilagarcía

    VILAGARCÍA> O cobre é nestes tempos un obxecto de desexo para os ladróns que ven na súa venda unha fonte de ingresos rápida e notable.

    {flowplayer}images/salnes/roubo_cobre_vilagarcia.flv{/flowplayer} Así o pensaron os que se levaron o cableado da iluminación do Vial de Acceso ó Porto en Vilagarcía e as rotondas de acceso ó mesmo ó nivel do Hospital e da saída a Cambados; unha instalación que malia non estar aínda acesa tiña todo o preciso para ser activada en breve. Foi o Xefe de Emerxencias do Concello, Francisco Busto, o que se deu conta a finais da semana pasada de que faltaba. Calcúlase que o valor do cobre sustraído se eleva a 9.000 euros, ó que hai que sumar o custe da súa reinstalación por parte dos titulares das dúas estradas confluentes: o vial do Porto do Ministerio de Fomento, e a Estrada a Cambados da Xunta de Galicia. Á vista destes últimos acontecementos, atrasarase aínda máis a iluminación destas rúas rotondas, o que repercute directamente na seguridade viaria do entorno. Aínda máis, este roubo do cobre non é o único que aconteceu nestes últimos días: o edil de Seguridade Vilagarciá alerta doutros moitos que se están a suceder, sobre todo en zonas empresariais. Conscientes de que a Policías Local e Nacional non poden estar a todo, desde o Concello fan un chamamento á colaboración cidadá para dar ca posible banda ou colectivos que están a cometer estes delictos.