As traballadoras da residencia de maiores de Ribadumia denuncian que traballan ata 70 horas á semana

RIBADUMIA> As traballadoras da residencia de anciáns de Ribadumia retoman as súas mobilizacións. Demandan ós responsables do centro, de DomusVi, condicións laborais dignas. Aseguran que traballan ata 10 días seguidos, sen descansar e asumindo infinidade de cargas pola falta de persoal.

As traballadoras da residencia de anciáns de Ribadumia seguen resistindo malia as súas condicións laborais. Hoxe retomaron as súas mobilizacións.

Piden un trato humano por parte da dirección do centro, de DomusVi. Reclaman que, polo menos, se cumpra o convenio.

Arroupando as demandas das traballadoras, tamén familiares das persoas residentes. Esixen máis persoal para atender ós seus.

Como Montse, moitos familiares presentaron queixas ante a actitude dos responsables do centro.

Despois de varios meses sen saír á rúa, esta mañá unha parte das traballadoras manifestouse diante da Casa do Concello de Ribadumia. O líder dos socialistas no municipio, amosoulles o seu apoio, acompañándoas durante a protesta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí