A Escola de Fútbol disposta a mobilizarse polo campo do Terrón

    escolafutbolvilanova100_070507.jpgVILANOVA > A Escola de Fútbol de Vilanova anuncia mobilizacións se non se autoriza o campo do Terrón

    … e faríao ademais en plena campaña electoral nos actos dos líderes socialistas. Pero antes de mover ficha queren convocar ós pais dos alumnos para informalos da situación da obra e consultalos. A xuntanza, aberta tamén ós veciños, será o mércores ás nove da noite na Casa do Mar.

    Esta é a advertencia que lanza a directiva da Escola de Fútbol de Vilanova. Están cansos dos desplantes que lles está a dar a Delegada provincial de Política Territorial en Pontevedra. A directiva afirma que xa dispón dun proxecto reformado coas directrices que lles indicara Ana Isabel Domínguez na primeira reunión que tiveron. O venres intentaron pórse en contacto con ela, sen conseguilo. A Escola de Fútbol critica á delegada por manter unha postura partidista neste proxecto, que afecta segundo lembran a 180 alumnos. Consideran que o fai porque así llo prometeu ó candidato do PSOE en Vilanova.

    A Escola de Fútbol anunciou ademais que alegará contra o proxecto do paseo marítimo das Sinas, que actualmente está en fase de exposición pública. Os directivos están moi preocupados polo desmantelamento do campo de fútbol das Sinas por mor deste proxecto e polo atraso do campo do Terrón.

    Redacción Salnés