MADRID> A Deputación de Pontevedra comezou a súa promoción en Madrid dentro do espazo destinado ao sector cinematográfico Fitur Screen. O organismo provincial presentou “Pontevedra Provincia, plató de cine”. Unha exposición para poñer en valor os espazos da provincia como set de rodaxes cinamatográficos. No acto tamén participou o produtor Dani Froiz para anunciar que Matria, un dos films que contou co apoio da deputación, estrearase no festival de Berlín.
A pesar de que a Deputación de Pontevedra presentará mañá a súa promoción turística “Orixe Rías Baxias”, a administración provincial comezou este mércores o seu paso por Fitur. Entre os actos realizados, destaca a súa presentación “Pontevedra Provincia, Plató de cine” no espazo Fitur Screen. Un espazo destinado ás provincias que forman parte da Spain film Commission. A deputación estreou un vídeo que servirá para promocionar Pontevedra como un magnífico sete de rodaxes.
O vídeo permitirá chegar a todas as grandes produtoras para amosarlle todos os espazos dos que dispón a provincia de Pontevedra. Dende a deputación destacan a súa luz entre moitas outras vantaxes.
No acto tamén participou o produtor Dani Froiz para anunciar que Matria, un dos films que contou co apoio da deputación, estrearase no festival de Berlín.
Dende a produtora destacan o apoio de administracións como a Deputación de Pontevedra. Axudas que as producións audiovisuais devolven ao espazo no que rodan.
Ademais desta presentación, a deputación tamén se reuniu con empresas como Renfe e Paradores de España para pechar diferentes acordos de colaboración.