EU acusa ó Concello de facer unha ‘chapuza’ nun camiño de Trabanca

    euiu_trabancabadina100_080507.jpgVILAGARCÍA > Esquerda Unida acusa ó goberno local de maquillar o rural coas eleccións en vista, en vez de acometer obras …

    … en condicións. Como exemplo amosaron hoxe o camiño da Depuradora en Trabanca Badiña. A pasada semana arranxouse unha tubería que estes días volveu rebosar, vertendo e desfacendo o firme.

    euiu_trabancabadina200_080507.jpgEste é o aspecto que presenta esta estrada de Trabanca Badiña, en Vilagarcía, xunto o Pino manso, e que leva á Depuradora de Auga de Consumo. Esquerda Unida fíxose eco hoxe das protestas que veñen facendo os veciños do lugar desde hai tempo. Segundo explican, o mal estado do firme débese a unha tubería procedente da depuradora que non ten capacidade suficiente e reborda emanando as augas residuais pola estrada abaixo, chegando incluso a anegar fincas. O Concello arranxouna en varias ocasións, a última a pasada semana pero estes días volveron os mesmos problemas.

    Desde Esquerda Unida acusan de deixadez e falta de interese ó goberno local por non executar esta obra en condicións axeitadas. O edil de Esquerda Unida, Juan Fajardo, cre que ‘por ser un camiño no rural, ó alcalde e máis ó edil de Medio Ambiente non lle acaba de interesar’.

    Redacción Salnés