Persoal do Diario de Pontevedra inicia as mobilizacións para reclamar un convenio e un salario dignos

PONTEVEDRA> Os traballadores do Diario de Pontevedra mobilízanse para reclamar un convenio e uns salarios dignos. O cadro de persoal denuncia que despois de sete anos cos soldos conxelados, a empresa ofreceulles tan só un incremento do 0,7%. Hoxe foi a primeira concentración e lanzan un aviso: se a empresa non negocia, irán á folga indefinida a partires do 22 de decembro.

Traballadores do Diario de Pontevedra comezaron hoxe un calendario de mobilizacións. Demandan un convenio colectivo e uns salarios dignos, despois de levar sete anos cos soldos conxelados.

A pesares de que as conversas comezaron hai preto dun ano, dende o comité denuncian que a empresa non valorou a súa proposta.

O cadro de persoal do Diario de Pontevedra apunta que esta situación súmase á redución salarial que afrontou durante a crise económica e ao Expediente de Regulación Temporal de Emprego que puxo en marcha a empresa no 2020, co gallo da pandemia.

Ante esta situación, están dispostos a chegar á folga indefinida a partires do 22 de decembro.

O calendario de mobilizacións continuará o vindeiro 14 de decembro cunha manifestación polo centro de Pontevedra a partires das 8 da tarde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí