FECA recibe 30.000 € da Deputación para acondicionar o seu local

    firmadeputacionfeca100_080507.jpgVILAGARCÍA > A Deputación de Pontevedra financiará con 30.000 euros o acondicionamento do local social de FECA, …

    … a Federación Comarcal de Empresarios de Arousa. Os presidentes de ambas entidades asinaron esta tarde un convenio de colaboración.

    O local a reformar está situado no entrechán do número 17 da rúa Arcebispo Lago de Vilagarcía. Este centro dispón de 90 metros cadrados que serán rehabilitados co obxecto de adecualos para que a entidade poida desenvolver de forma óptima actividades formativas e informativas.

    Concretamente, a colaboración da Deputación irá dirixida ó acondicionamento dunha sala multiusos para conferencias que, se poderá transformar en dúas aulas para a impartir cursos. Do mesmo xeito, habilitarase un despacho e sala de reunións para o uso dos directivos e dos profesores que impartan as actividades formativas.

    Redacción Salnés