25 aspirantes para os 12 postos de socorrista de Vilagarcía

VILAGARCÍA> Vilagarcía examina ós aspirantes a socorristas.  Os candidatos tiveron hoxe as probas na praia da Compostela.  Dos 25 participantes, só ós 12 con máis puntuación accederán ó posto.

O Concello de Vilagarcía realizou as probas para seleccionar ós socorristas que vixiarán as tres principais praias da localidade. Os escollidos desenrolarán as súas tarefas nos areais da Compostela, Vilaxoán e Campanario en Bamio.

Nas probas participaron 25 candidatos, dos cales só os 12 mellores accederán ós postos de traballo.

Logo do exame teórico, os quince aspirantes que o superaron, tiveron que facer fronte a diferentes probas.

Os participantes sinalan a proba do rescate como a máis complicada.

Os doce seleccionados vixiarán as praias de Vilagarcía durante tres meses.