Os mariscadores de Lazareto manifestaranse na Festa da Ameixa

    lazareto_copy100.jpgVILAGARCÍA> Vai facer un ano que a consellería do Mar comezou a xestionar a concesión de varios permex, que aínda están sen entregar.

    {flowplayer}images/salnes/LAZARETO.flv{/flowplayer}

    Abril era o mes sinalado pola consellería para rematar a concesión de nove permex ós mariscadores de Lazareto. Na actualidade, as prazas están concedidas, pero os traballadores non puideron comezar a súa actividade. Os problemas do goberno autonómico co receptor dun dos permex, que neste momento están pendentes de xuízo, teñen paralizado o proceso. O traballador estaría cobrando unha pensión por incapacidade, algo que a Xunta asegura é incompatible co marisqueo.

    Pero este non é o único proceso paralizado da consellería con Carril. Segundo a agrupación, Rosa Quintana comprometérase a poñer en marcha un Proxecto Piloto para habilitar un espazo de medio millón de metros cadrados onde poderían traballar 21 mariscadoras, na zona da Fangueira.

    Pola súa banda, Rosa Quintana asegurou que os proxectos están pasando a supervisión dos técnicos da Xunta. A conselleira pediu comprensión.

    Para conseguir a atención da conselleira, os mariscadores de Lazareto aproveitarán que Rosa Quintana será investida dama da Orde da Ameixa este domingo a Carril. Durante a festa, os membros da agrupación esixirán manter unha reunión de urxencia nese mesmo momento para pedir solucións.

    Redacción Salnés