
O GROVE> Os hostaleiros mecos aproveitan a tempada baixa para formarse co fin de ser máis competitivos no mercado global. Un exemplo foi o curso de negociación de touroperadores que puxo hoxe en marcha a Asociación de Hostalería do Grove.
Moitos hostaleiros do Grove non sabían ben como sacar o maior rendemento o seu negocio cos touroperadores. Unha necesidade que constatou a Asociación de Hostalería do Grove e ó que está intentando poñer remedio. Hoxe mesmo comezaron cun curso formativo sobre esta materia
. Estas clases están deseñadas para grupos reducidos; unhas quince persoas comezaban esta mañá a afondar sobre materias como o posicionamento do seu negocio na Rede. Este curso é de balde para os asociados pero os que non o son tiveron que asumir o custe do material, cifrado en quince euros.
Esta Asociación meca publicará nunhas semanas unha nova relación de cursos formativos a realizar en temporada baixa; en breve comezarán cun cursiño sobre como vender os negocios turísticos en tempos de crise. Amais, a Asociación de Hostalería do Grove ofrece outro tipo de cursos máis regulares como o de manipulador de alimentos, atención ó cliente, manipulacións básicas en cociña ou o de acreditacións profesionais.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/14/curso_Grove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/14/curso_touroperadores_grove.mp4{/flowplayer}








