‘Queremos romper co sistema económico e político actual’

    esquerda_anticapitalista100.jpgVILAGARCÍA> Esquerda Anticapitalista, preséntase como unha formación que quere dar resposta ás crises do capitalismo mediante a loita de clases.

    {flowplayer}images/salnes/ESQUERDA_ANTICAPITALISTA.flv{/flowplayer}

    Unha esquerda comprometida coa loita social e con lealtade hacia a cidadanía. Así se define Esquerda Anticapitalista. Os representantes desta formación política, aseguran que son a única alternativa para romper co sistema económico actual. Engaden que son unha esquerda digna de responder ás crises derivadas do capitalismo.

    Mariano Ibáñez, membro de Esquerda Anticapitalista de Vilagarcía, afirmou que esta formación non podería entrar nunha coalición de goberno, con partidos de esquerda que ven no capitalismo un sistema necesario.

    Esquerda Anticapitalista busca acoller unha militancia, especialmente de xente xoven. Por iso, fixeron un chamamento á xuventude ‘rebelde’, as asociacións antisistema e ós traballadores.

    Joseba Fernández asegurou que nos últimos anos a esquerda alternativa non estivo á altura das circunstancias, e que por iso é necesario un novo espazo.

    En canto á folga do próximo 29 de setembro, Esquerda Anticapitalista sinala que unha data ineludible, e que ten que suponer o comezo de mobilizacións sostidas no tempo.

    Redacción Salnés