Ramón Mouriño presentou a candidatura arroupado por Beiras

    mourinobeiras_100_090507__still_001.jpgRIBADUMIA > Ramón Mouriño confesou que onte viu cumprido un soño: compartir un mitin con Xosé Manuel Beiras.

    O histórico líder nacionalista achegouse ata Ribadumia para participar na presentación da candidatura que encabeza Mouriño e na súa exposición non defraudou ós moitos veciños que encheron a Casa da Cultura de Ribadumia.

    Beiras foi especialmente duro co presidente da Deputación a quen retratou como ‘o mellor expoñente que aínda perdura en Galicia do xeito caciquil de facer política’. Frente a iso, dixo, está Mouriño ‘o único capaz de garantir unha verdadeira democracia participativa’ en Ribadumia.

    ramaldendepraiavilagarcia_300_090507__still_002.jpgPola súa banda Ramón Mouriño asegurou que o seu traballo nestes catro anos foi duro pero produtivo e os veciños viron que ‘hai outra forma de facer política’. Ademais repasou o que considera ‘as desfeitas acaecidas no concello nos últimos anos’. Mouriño destacou que o BNG é o único partido que ten un proxecto adaptado á Ribadumia de hoxe. ‘Somos a mellor candidatura porque nela só van persoas comprometidas coas ideas da esquerda e do BNG, e con ganas de facer cousas para mellorar o noso concello. Nas outras listas o que vexo é a persoas que van por rencor ou para pagar favores ou, como no caso do PP, porque se trata dunha lista subvencionada’.

    Redacción Salnés