Todo preparado para Santa Rita 2016

    VILAGARCÍA> Vilagarcía quece motores para unha das súas citas máis importantes do ano. Esta fin de semana a vila sumirase na celebración das Festas de Santa Rita e xa teñen todo listo para honrar a súa patroa cun variado programa, que mesturará actos relixiosos, gastronomía e música.

    Dende o día 20 ao 23 de maio, Vilagarcía entregarase ás Festas de Santa Rita. O concello xa ten todo listo, cun programa cheo de propostas.

    O concerto de Coque Malla o día 21 na Xunqueira será o prato forte dun variado menú, que este ano virá marcado pola proximidade do Día das Letras Galegas. Así, incluirá recitais poéticos ou a Festa do Libro, entre outras citas. Tamén muda a Feira Medieval, que se transforma cun toque propio.

    Verbenas, folclore, pasarrúas, atraccións e gastronomía, tampouco quedan olvidados no programa das festas deste ano. Deseñado para que todos os vilagarciáns, e os visitantes, poidan gozar dos catro días de celebración.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/16/ptac_programa_santa_rita.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/16/ptac_programa_santa_rita.mp4{/flowplayer}