Puertas salienta os bos datos económicos no 2009 pese á crise

    puerto_copia100.jpgVILAGARCÍA> O presidente da Autoridade Portuaria  afirmou que asentan un futuro solvente. Supón unha redución do importe neto da cifra de negocios con respecto ó 2008 nun 1,5%

    {flowplayer}images/salnes/PORTO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

     Anticipándonos ó futuro. Así definiu Javier Puertas as decisións tomadas onte no Consello de Administración. O presidente da Autoridade Portuaria manifestou a súa satisfacción polo acordado xa que vai converter ó porto vilagarcián nun organismo eficaz, eficiente e dinámico.

    Puertas salientou os datos económicos financeiros da Autoridade Portuaria durante o 2009. Os datos melloran ós do 2008, cunha redución do importe neto da cifra de negocios con respecto ó ano pasado nun 1,5%.

    O presidente do porto, salientou a labor que se está levando a cabo para cubrir os fondos de insolvencia. Destacou que aposta por cubrir esas pérdidas por deterioro ou impago con todas as partidas económicas que permita a lei.

    Javier Puertas tamén sinalou que o futuro do porto de Vilagarcía pasa polo tráfico de cruceiros. Así, afirmou que no 2009 chegaron 17 buques 3 máis que no 2008.

     O presidente da Autoridade Portuaria asegurou que existen 3 propostas para facerse coa concesión da gasolineira do porto.

    Redacción Salnés