Vilanova oferta de novo a Escola de Verán de Piragüismo

piraguismofirma100_090507.jpgVILANOVA > O Concello estuda integrar na área deportiva prevista para o Terrón unha Escola Deportiva de Vela e Remo

… Así o manifestou o alcalde Gonzalo Durán durante a renovación do convenio co Club Piragüismo A Illa para repetir este verán o proxecto de iniciación a este deporte.

piraguismo200_090507.jpgEste verán volve a celebrarse en Vilanova a Escola de Piragüismo, logo de que o alcalde Gonzalo Durán e mailo Club de Piragüismo A Illa renovasen o convenio de colaboración. A vindeira semana iniciaríase xa a actividade polo que xa poden inscribirse os rapaces de 9 a 12 anos interesados.

Concello e Club confían en aumentar o éxito de participación que tiveron o ano pasado, e que levou a moitos rapaces de Vilanova a seguir neste deporte e incluso recoller algún premio en competicións oficiais. A escola, totalmente gratuíta, durará ata o 15 de setembro. Desde a organización barallan ademais a celebración dunha festa do piragüismo en Vilanova.

Redacción Salnés