O Portonovo respira e o Vilalonga soña coa fase de ascenso

futbol250_210408.jpgSALNÉS > No fútbol, o Portonovo deu un paso case definitivo para acadar a salvación mentres que o Vilalonga sumou unha victoria que unida a outros resultados outorga aínda posibilidades de ascenso ós de Josiño.

Coruxo e Cerceda empéñanse en meter na loita por colocarse na fase de ascenso ó Vilalonga, e os celestes non están a desaproveita-la ocasión. Quedan catro xornada e aínda pode pasar de todo. Onte recibiron a un dos galos da categoría, o Narón, que chegaba co cartel de máximo goleador da competición e foise a cero, eso sí, despois de desaproveitar varias ocasións. O único tanto do encontro foi obra de Adrián, en propia meta, ó desviar ó fondo da portería un centro de Saúl no minuto 22. Agora o Vilalonga colcase a tres puntos do ascenso.

Gran victoria tamén a do Portonovo ante un rival directo como o Betanzos. Os de Piscis sumaron os tres puntos que lle poden valer a permanencia grazas a un solitario gol de Alex no 15 da segunda metade. Agora colócase sete puntos por enriba do descenso directo e está a seis do Pontevedra B, que agora descendería como cuarto se o Ourense perde a categoría dende 2ªB.

Podería estar na mesma situación agora o Céltiga pero os de Manuel Nuñez tan só foron quen de empatar ante outro rival directo na loita por evita-lo descenso, como o é o Negreira. Os visitantes adiantáronse moi cedo, ós tres miunutos por mediación de Cotrofe, e Adrián Camiño fixo a igualada xa na segunda metade. Non foi nin de lonxe o mellor partido da temporada dun Céltiga que se víu superado durante mopitos minutos por un Negreira ó que lle soubo a pouco o punto acadado.

Tampouco puido gañar o Arousa en Santa Comba ante un equipo que se xogaba moito maís que os vilagarciáns. Manu Rodríguez adiantou ós de Laxes a pouco para o descanso pero Angeliño deulle a volta ó marcador xusto despois da reanudación e Luis fixo o 2-1 final no 65.

En Preferente Autonómica, destacar a victoria do Unión do Grove por 4-0 ante Antela e o empate a domicilio do Ribadumia ante o Melias, 1-1.

Redacción Salnés