Presentada en Ribeira a XIV Regata Gadis

RIBEIRA> A cita deportiva terá lugar o próximo sábado 29 de agosto baixo a organización do Club Náutico e Deportivo de Ribeira.

Despois da suspensión das regatas Frinsa e Congalsa a consecuencia da covid, chega a Regata Gadis, a única que organizará este ano o Club Náutico e Deportivo de Ribeira. Iso si, a disputa desta proba é posible cumprindo estritamente os protocolos establecidos pola Federación Galega de Vela.

Como en edicións anteriores a regata reunirá a unha vinte e cinco embarcacións procedentes de diferentes clubs da ría de Arousa pertencentes ás clases, regata, cruceiro-regata e cruceiro.

Un ano máis a regata contará co patrocinio de Gadis, que leva catorce anos apoiando esta proba.

O saída da regata está previsto para as as dúas do mediodía e o remate da competición, para as oito, xa nas instalacións do náutico ribeirense, onde ese celebrará a entrega de trofeos. Un acto máis descafeinado que en edicións anteriores para evitar aglomeración e no que tamén se decidiu suspender o tradicional aperitivo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí